CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º
1. - Constitúese una asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo,
reguladora do deleito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación: “ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CEIP
CELSO EMILIO FERREIRO DA SILVA-CERCEDA”
2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos,
pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en
materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º
O domicilio principal e permanente
da asociación radicará na localidade de Cerceda, rúa Rodís-A Silva, S/N, C.P. 15186, teléfono e
fax - 981692464, e correo electrónico anpacelsoemilio@yahoo.es.
Artigo 3º
A asociación, en funcións dos seus
fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente a
súas actividades no ámbito territorial da provincia da Coruña.
Artigo 4º
1.- A asociación costitúese por tempo indefinido e só se disolverá,
conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea
Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo
os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do
ordenamento xurídico.
Artigo 5º
Son fins principais da asociación:
a)
asistir as nais, pais e titores en todo o que atinxe á
educación dos seus fillos e fillas.
b)
Colaborar nas actividades educativas e extraescolares
do centro.
c)
Promover a participación das nais e pais na xestión do centro,
na medida do posible.
d)
Asistir ás nais e ós pais no exercicio deo seu dereito
a interviren no control e na xestión do centro.
e)
Facilitar a representación das nais e dos pais nos
órganos de representación que fixa o
regulamento do colexo.
f)
Estimular a participación das nais e dos pais na
programación xeral do ensino por medio do órgano colexiado correspondente.
g)
Fomentar as relacións de cooperación do centro con
outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do seu
contorno.
h)
Promover e asegurar a igualdade efectiva de dereito de
todos os alumnos e alumnas sen discriminación de tipo socioeconómico, ideolóxico,
confesional de raza ou de sexo.
i)
Requerir ós poderes públicos que cumpran as leis, os
regulamentos e plans de actuación referentes á educación, recadando a atención
e axudas que esta merece.
j)
Promover actividades formativas, deportivas e
socio-culturais.
k)
Promover reunións de colaboración de nais e pais con
profesoras e educadoras así como as boas relacións entre eles.
l)
E tamén todas as actividades, non recollidas nestes
estatutos e que estean conformes coa lei.
CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS/AS
Artigo 6º
1.- Poderán ser integrantes da Asociación
todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar, que cumpran cos seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai ou titor/a de algún
alumno/a matriculado no centro.
b) Solicitar a inscrición como socio/a
c) Pagar as cotas establecidas
d) Aceptar expresamente estes
Estatutos.
2.- As persoas integrantes da
asociación terán dereito a:
a)
Elixir e ser elixible para todas as funcións
representativas da asociación.
b)
Ter voz e voto nas reunións da asociación.
c)
Tomar parte en todas as actividades e empregar os
servizos que poidan establecerse en beneficio das socias/os.
d)
Dirixir pedimentos e propoñerlles iniciativas ós
órganos de goberno da asociación.
e)
Recadar e recibir da Xunta Directiva toda a información
que sexa precisa sobre a xestión asociativa.
f)
Asistir a todas as reunións e actos convocados pola
Xunta Directiva.
g)
Colaborar activamente no cumprimento dos fins da
asociación e na súa eficaz execución.
3.- Serán deberes das persoas asociadas os
seguintes:
a) Observar os
estatutos da asociación e os acordos da asamblea.
b) Contribuír
económicamente ó mantemento da asociación na forma que se estableza na asamblea.
c) Desempeñar os
cargos para os que foron eleixidos.
Artigo 7º.
Causarase baixa
na asociación polos seguintes motivos:
1-
Por vontade propia.
2-
Por baixa de fillas ou fillos no centro.
3-
Por falta de pago de 4 cotas, sen notificación previa á
Xunta Directiva.
4-
Por incumprimento dos estatutos.
5-
Por emprego da asociación con fins alleos ós que se
especifican nestes estatutos.
6-
Por falecemento da persoa física.
7-
Os puntos 4 e 5
serán apreciados pola xunta Directiva. Daráselle audiencia á persoa interesada
e será necesario o voto afirmativo da maioría absoluta da Xunta Directiva para
tomar acordo.
CAPÍTULO IV. ÓRGANOS DE GOBERNO
Artigo8º
A asociación
estará rexida pola Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, coas funcións que se
especifican nos artigos seguintes.
Artigo 9º
1.-A Asemblea
Xeral de persoas sociais é o órgano soberano da asociación. Reunirase polo
menos unha vez ó ano, en sesión ordinaria, para aprobar as contas, os
orzamentos e o programa xeral de actuación social. Reunirase en sesión extraordinaria
cando así o decidir a Xunta Directiva, e sempre que o solicitar formalmente un
terzo das persoas asociadas.
2.-A Asemblea
Xeral comprende as persoas asociadas.
3.-Todas as
sesións serán convocadas pola
presidencia, coa indicación expresa da orde do día establecida pola
Xunta Directiva. As convocatorias deberán dirixirse ás persoas asociadas con sete días de
anticipación para as reunións extraordinarias.
4.- A asamblea
quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando asistan a maioría
dos asociados, e en segunda convocatoria con calquera que sexa o número de
persoas asociadas presentes. A citación fará constar sempre que entre a
primeira e a segunda convocatoria deberá haber unha marxe de media hora.
5.- Os acordos
da asamblea adoptaranse por mayoría simple.
6.- Será
necesario o voto favorable de dous terzos dos asociados presentes na asamblea
extraordinaria para adoptar as seguintes decisións:
a) Disposición e
alleamento de bens.
b) Solicitude de
declaración de utilidade pública da asociación.
c) Integración
da asociación en federacións ou entidades similares.
d) Modificacións
dos estatutos da asociación.
e) Disolución da
asociación.
Artigo 10º
.1- A asociación
estará administrada por unha Xunta
Directiva e composta polos seguintes membros:
·
Presidencia
·
Vicepresidencia
·
Secretaría
·
Tesourería
·
Mínimo 2 vogais.
.2- A Xunta Directiva terá un
mandato máximo de dous anos de duración, e renovarase a partir do segundo ano,
cando menos, cada ano a metade dos membros.
.3- A elección dos cargos será polo
procedemento de lista aberta.
.4- As vacantes que se pudiesen
producir na Xunta Directiva poderán ser cubertas provisionalmente por esta, ata
que se realice a primeira reunión da Asamblea Xeral.
.5- A Xunta Directiva reunirase
sempre que sexa convocada pola Presidencia. Tamén deberá reunirse a pedimento
dun terzo da totalidade dos seus membros. Os acordos adoptaranse por mayoría
absoluta dos membros presentes.
.6- Os membros da Xunta Directiva
poderán cesar a vontade propia, ou ben ser cesados por:
a)
Incumprimento do deber.
b)
Baixa das fillas ou fillos no centro.
Artigo 11º
A persoa que ostenta o cargo de
presidencia desempeña a representación da Asociación, preside as reunións e
responde perante a asamblea da xestión realizada pola Xunta Directiva.
Artigo 12º
A persoa que ocupa o posto de
vicepresidencia será a encargada de substituír á que ocupa a presidencia cando
for necesario. A presidenta poderá delegar nela as súas competencias para
atender ou xestionar determinados asuntos, coa autorización previa da Xunta
Directiva.
Artigo13º
A secretaría atenderá as comunicacións e a
correspondencia, levará os libros de actas, tramitará certificacións do seu
contido, conservará o arquito, velará pola conservación dos locais e gardará o
selo da asociación.
Artigo14º
A persoa que ocupa o posto de
tesoureira estará encargada de recadar e conservar os fondos e bens da
Asociación. Levará os libros de caixa e de persoas socias, asinaráas ordes de
pagamentos coa presidenta, elaborará o proxecto de ornamentos que a Xunta
Directiva debe presentar perante a Asamblea Xeral e preparará as contas que
deban someterse á aprobación da Asamblea.
A data de pechamento do exercicio
asociativo será ó final de cada curso académico correspondente.
Artigo15º
Ademais das súas funcións
ordinarias, as persoas vogais poderán recibir, por acordo da Xunta Directiva,
o encargo de presidir e de coordinar
grupos de traballo, ou a execución de
encargas, comisións, representacións e outras tarefas que lle sexan
encomendadas pola Xunta Directiva.
Artigo 16º
As funcións da Xunta Directiva serán as seguintes:
a) Executar os acordos adoptados pola
asamblea Xeral.
b) Xestionar os asuntos ordinarios da
Asociación.
c) Presentarlle á Asamblea os
orznamentos, as contas e o programa anual de actividades.
d) Todos aqueles asuntos que, aínda que
non sexan encomendados expresamente pola Asamblea, sexan conformes coa lei.
A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1.
Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2.
Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
3.
Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento
anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4.
Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
5.
Propoñerlle á
Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os
asociados.
6.
Designa-las comisións de traballo ou seccións que se
estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
7.
Ditar normas interiores de organización e exercer
cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
8.
Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos
asociados.
9.
Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asemblea
Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10. Resolve-los
procedementos disciplinarios que se instrúan.
11. Aquelas
que non veñan atribuídas expresamente a outro órgano da asociación.
CAPITULO V PATRIMONIO
Artigo 17º
.1- A asociación carece de
patrimonio fundacional. O patrimonio social que se vaia constituíndo estará
composto por todos os bens que se
adquiran para realizar os fins sociais.
2.- A Administración do patrimonio
correspóndelle á Xunta Directiva.
3.- Os recursos económicos consisten
nas cotas das persoas asociadas, as rendas do patrimonio, as subvencións, os
legados e as doazóns que poidan legalmente aceptarse, xa procedan de persoas
físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras que
acorden concedelas.
4.- O importe das cotas das persoas
asociadas será dunha contía mínima, que será determinada pola Asemblea Xeral,
por proposta da Xunta Directiva. Porén, as
persoas socias poderán determinar libremente a súa propia cota, sempre
que o seu importe sexa superior ó mínimo establecido.
5.- A Asociación, por medio da súa
Xunta Directiva, poderá conceder ou solicitar subvencións e préstamos para
desenvolver os fins estatutarios.
6.- A Asociación non ten ánimo de
lucro.
Artigo 18º
Para a disposición de fondos das
contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura
conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo19º
Como entidade sen ánimo de lucro,
en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos
obtidos pola asociación.
CAPÍTULO VI
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO.
Artigo 20º
O regulamento de réxime interno, no
seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes
estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o
procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do
estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará
sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.
CAPÍTULO VII
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA
ASOCIACIÓN
Artigo 21º
Os ditos estatutos só poderán ser
modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal
efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria
deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
Artigo 22º
A asociación disolverase
voluntariamente por acordo dos asociados adoptados polas 2/3 partes dos
asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 23º
Acordada a disolución, a Asemblea
Xeral Extraordinaria designará tres asociadas/os liquidadores, que xunto a/o
presidente e a/o tesoureiro/a, procederán para efectua-la liquidación dos bens,
pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 24º
O haber resultante, unha vez
efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na
comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será
presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición
da disolución da asociación.
Estes Estatutos foron aprobados
pola Asamblea Xeral da Asociación de Nais e Pais Celso Emilio Ferreiro, o Día
27 de Maio de 2011.
Membros da Xunta Directiva
Presidenta:
María Josefa Bello López
Vicepresidenta:
Carina Regueiro Fraga
Secretaria:
María Belén Golán García
Tesoureira:
María Jesús Cerqueiro Dubra
Vogal:
María José García Pena
Vogal:
Angela María Souto Raña
No hay comentarios:
Publicar un comentario